Todo é cuestión de actitude

En tempos do Coronavirus, imos precisar de exercicios de hixiene mental:

1. Buscade tarefas que vos motiven.

2. Usade a creatividade e a imaxinación.

3. Escoitade música.

4. Facede exercicio.

5. Tomade pequenos descansos.

6. Falade coa familia.

7. Aproveitade para facer xogos de mesa en familia.

8. Preguntade todo o que vos preocupa.

9. Non esquezades seguir unha dieta saudable.

10. Evitade pasar moitas horas diante das pantallas.


E sobre todo, lembrade, o que sempre vos ensino, que todo é cuestión de actitude. Se temos que estar na casa, mellor facelo pasándoo ben!!!

Apertas virtuais da vosa titora!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario