Adxectivos: describe un obxecto

A tarefa desta semana consiste no seguinte:

1. Elixe un obxecto.
2. Debúxao.
3. Descríbeo empregando os diferentes graos do adxectivo.

Data de entrega: 16 de novembro.

Pescuda: O magosto

Nesta ocasión, teredes que pescudar sobre o magosto, unha tradición de orixe Celta que celebramos todos os anos en Galicia.

Víctor Gómez, magoso en Pixabay, licenza CCO Creative Commons.


Data de entrega da tarefa: venres 9 de novembro.




Descrición dun visitante do Asteroide B612

Imaxina que recibes unha visita que procede do Asteroide B612.

Describe como é o Asteroide, o seu habitante e como chegou á Terra empregando:


  • Adxectivos.
  • Comparacións: 

          Ex.: O seu cabelo é negro coma o carbón.

  • Metáforas: substituíndo un elemento por outro parecido.

          Ex.: O Sol é a lanterna que nos dá calor.

  • Hipérboles: Esaxeración.

          Ex.: É tan lento coma unha tartaruga.


Data de entrega da tarefa: venres 26 de outubro.


Noticia terrorífica

Dende o Equipo de Biblioteca, pedíronnos facer un conto de medo coa seguinte temática:

Nun colexio de Ponteareas, na celebración do seu 50 aniversario, 
algo ocorreu que fixo a todos berrar.


A nosa tarefa desta semana, vai ser redactar unha nova que conte o que pasou ese día.

Lembrade:

1. Poñer un título.
2. Responder ás preguntas: que?, quen?, onde? cando?, como? e  por que?
3. Redactade a nova.
4. Engadide fotografía ou debuxo.
5. Realizade un marco terrorífico.


Data de entrega da tarefa: venres 19 de outubro.

Unha receita para a felicidade


Imos escribir a RECEITA DA FELICIDADE, para o que precisamos:

              1. Título
              2. Ingredientes.
              3. Número de persoas ás que vai dirixida a receita.
              4. Elaboración.

Lembrade aliñar cun toque de creatividade. Enriquece moito as receitas ;-)

Tarefa para entregar o 11 de outubro.